Thursday 19 de September de 2024

Obradoiro “Crea a túa cunca de almorzo” no Museo Os Oleiros


O Concello organiza un novo obradoiro no Museo os Oleiros no que os asistentes poderán crear a súa propia cunca de almorzo os días 8 e 15 de xuño.

Trátase dunha actividade, dirixida a persoas maiores de 12 anos, na cada participante creará a súa propia cunca para o almorzo, a decorará cos motivos que máis lle gusten e o último día falarase de todo o proceso ademais de recoller as súas creacións.

Os obxectivos desta actividade son:
– Ofrecer ao público máis novo do concello a posibilidade de experimentar coas técnicas da olería e a cerámica dun xeito práctico.
– Familiarizar aos participantes coas distintas técnicas do traballo do barro.
– Dar a coñecer o importante patrimonio conservado na colección do museo entre o público máis novo.

A actividade será impartida pola ceramista Isabel Gómez.

O obradoiro é de balde e realizarase en 2 xornadas e dúas quendas os días 8 e 15 de xuño na Sala Multiusos do Centro Cultural As Torres. As inscricións realizaranse a través dos formularios web habilitados:

1ª quenda (de 11.30 a 13.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1169713
2ª quenda (de 17.30 a 19.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1169742

Tamén de xeito presencial no Museo Os Oleiros ou no teléfono 981 626 692 só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais.